Sunday 05 de May de 2024

A Biblioteca de Boqueixón acollerá unha actividade especial con motivo do Día do Libro


A proposta ‘Bibliocanta’ está dirixida a crianzas de entre 3 e 9 anos

A Biblioteca Municipal de Boqueixón acollerá o vindeiro 23 de abril unha actividade especial con motivo do Día do Libro. Baixo o nome Bibliocanta, ofrecerase unha sesión que achegará ás crianzas ao cancioneiro tradicional galego dun xeito lúdico ao tempo que se fomentará o hábito da lectura dende idades temperás.

Para iso, iniciarase a actividade coa lectura dun conto adaptado ás idades das cativos e cativos asistentes para despois ofrecer ese achegamento á tradición oral da comunidade autónoma. A través desta proposta lúdica, búscase manter esas melodías para que non caian no esquecemento.

Esta proposta terá lugar entre as 15.30 e as 17.30 horas e está dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 9 anos. A asistencia é de balde, previa inscrición no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115) antes do 20 de abril.